martes, 22 de febrero de 2011

Sta.Teresita - Celanova



Nova victoria do xuvenil na súa visita a Eiroás, onde se enfrentou o Santa Teresita, e que lle permite seguir soñando, agora xa está no cuarto posto da táboa
Saiu moi forte o equipo celanovense, e froito diso, mediada a primeira metade xa mandaba no marcador cun claro 0-3, goles conseguidos por Xisco, Ivan Cougil e Domi poñendo o partido en franquicia para os nosos. No se amilanou o equipo local e intentouno con un fútbol alegre pero sen apenas profundidade. Xa na segunda metade os cambios volveron aportar ó equipo, e Pitu tras asistencia de Rubén Cougil e o mesmo Rubén C. de bolea puxeron o 0-5 definitivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario