miércoles, 16 de marzo de 2011

Victoria ante o Antela nun partido moi disputado



O xuvenil sacou adiante o seu enfrontamento co Antela, nun partido moi disputado, que si ben se puxo moi pronto a favor dos locais ,cando Iván,no min.3, empurraba na área pequena un centro de Manu para facer o 1-0. Os da Limia non acusaron o golpe e mostraronse coma un equipo ambicioso que foi a por o empate, acadando Manuel Rodríguez cun espléndido tiro cruzado no que nada puido facer David.
Tirou de orgullo e sobre todo de moita casta o Celanova na segunda metade,para poder levarse un partido que controlaba o equipo visitante,ata que Mauro tras un saque de córner faría o 2-1 mediado o segundo tempo e daba algo de tranquilidade os locais. Esta chegaria por completo, cando Pitu a 7 min do final, resolvía moi ben batendo por baixo a Ionut, tras un gran servizo de Manu, poñendo o definitivo 3-1.A alegría foi local e deuse un pasiño máis para o soño da liguilla de ascenso.(Kike)

No hay comentarios:

Publicar un comentario